Especialista Administrativo

Designthinking.gal

📍 a coruña, kingdom of spain, Spain

Full-time Other-General

Job Description

En Design Thinkers and Makers S. L. buscamos unha persoa organizada, resolutiva e próxima que nos axude a coordinar o día a día dos diferentes proxectos da empresa (Vermislab, Psicoloxía Vermislab, Maker Faire Galicia e Designthinking.Gal ). Cal será a túa misión? Serás unha figura clave na organización interna da empresa, combinando tarefas administrativas coa coordinación de clientes, familias e provedores. Que farás no teu día a día? Recoller, organizar e enviar documentación. Preparar e xestionar domiciliacións bancarias. Realizar o seguimento de cobros, pagamentos e documentación administrativa. Atender e resolver consultas de clientes e colaboradores. Coordinar proxectos con clientes. Coordinar provedores e necesidades loxísticas. Preparar orzamentos, documentación, formularios e trámites administrativos. Organizar calendarios, tarefas, documentación e prazos dos diferentes proxectos. Apoiar ao equipo na xestión de incidencias e necesidades do día a día. Que perfil buscamos? Unha...
Apply for this Position